Filtrar por
Nuevos Libros
Nuevos Libros
Inicio
Subcategorías
Filtros activos
-
Por: Zósimo López Pena, Roberto Samartim, Raquel Bello et alii
Visitar, Comerciar e Habitar a Cidade
12,50 €Este volume pretende dar conta das tres exposicións temáticas que, inscritas no proxecto expositivo xeral A Cidade, o Camiño e Nós, serviron para transmitir á cidadanía compostelana (entre outubro de 2019 e xaneiro de 2020) os principais achados en relación ás diversas visións de Santiago e ás diferentes imaxes e prácticas de visitantes, habitantes e comerciantes de Compostela.
-
Por: Deibe Fernández-Simo, Xosé Manuel Cid
Adolescencias invisibles
14,90 €A educación social nos camiños do empoderamento.
A presente publicación nace coa intencionalidade de defender un paradigma de atención á mocidade apoiado nas boas practicas profesionais. Coñecer a visión e a valoración da mocidade é parte fundamental para a actuación do facer educativo. Somos conscientes das resistencias a constrír un modelo común de traballo con mocidade, un ámbito no que actúan centos de entidades do terceiro sector, cada unha delas cunha perspectiva diferenciada e lexítima, ten serias dificultades para compartir un modus operandi, que posibilite unha metodoloxía, canto menos non contradictoria entre si, para o acompañamento da infancia e da adolescencia en vulnerabilidade.