Certificados Profesionais
Andavira edita manuais para a obtención de Certificados Profesionais
A editorial Andavira publica unha serie de manuais académicos para a obtención de Certificados de Profesionalidade. Esta nova liña editorial conta co asesoramento dun grupo de profesionais de recoñecida traxectoria e reputación laboral.
Os nosos manuais están a disposición de centros de formación, entidades docentes e departamentos de formación; o noso catálogo componse dunha extensa relación de materias e profesións e garante un material didáctico imprescindible para ofrecer un ensino de calidade, útil e adaptado ás necesidades dos traballadores.
Trátase dunha edición flexible que atende a cómo están estructuradas as unidades didácticas dos cursos para a obtención de certificados de profesionalidade. Temos en conta as necesidades do profesorado e os alumnos, así o noso catálogo de manuais divídese en unidades de competencia, módulos formativos e unidades formativas.
Os nosos manuais están dirixidos a centros que imparten formación para o emprego, consultores de formación e axentes sociais.
¿Como son os manuais editados por Andavira?
Están pensados para facilitar a aprendizaxe, por iso contan cunha selección de casos prácticos, resumen as unidades didácticas con esquemas e están organizados con orientacións metodológicas dirixidas a optimizar o tempo de ensino.
Os nosos packs de formación inclúen test de autoavaliación e cuestionarios para que o alunado poida continuar a súa formación fóra das aulas.
Contamos cun equipo de docentes e profesionais altamente cualificados para redactar estes manuais.
Poñemos especial énfase en adaptar os coñecementos ao mundo laboral real desde a pedagogía.
Ofrecemos manuais de deseño coidado, en branco e negro ou a cor, e actualizados. Queremos lograr a excelencia académica.
Abrimos a posibilidade de personalizar os nosos manuais coa imaxe corporativa da súa empresa.
Hoxe comercializamos as seguintes familias profesionais:
